Hidronimia antiga da Galiza: unha imaxe e cen palabras

 

 

(Se o navegador no vos deixa ve-lo mapa: premede no botón esquerdo do rato > gardar imaxe como... ou similar)

 Eis un mapa estilo fantasía heroica da hidronimia antiga do noso país, baseado nas fontes documentais medievais e clásicas. Digo antiga por non dicir prelatina, porque non todo é prelatino; e presento o mapa neste estilo para poder prescindir de asteriscos e permitirme algunha boutade (*Egumis, ehem, probabelmente non). 

Tomei a decisión de mover máis dos nomes dos ríos para formas temática, con nominativo en -os, masculino, ou femininos en -a ou -is. Seguramente moitos estarán errados. Respectei o Sar co nominativo atestado por P. Mela, Sars: sería un root noun, coas desinencias engadidas directamente ao radical. Hai nomes con tema en nasal: Varatio (> Barazón = río Furelos), pro outros quedaron sen levar para un estadio tan antigo.

Vese a repetición dalgúns nomes de ríos: Mera, Ceia, Cerasia, Barosa, Lauris (> Lor, Louro... a -o final deste último é unha restitución que non corresponde cos testemuños medievais), Deva... ou das súas raíces (Tamaris, Tamusia, Tamica...).

Acompaño tamén algúns montes que son presentados na documentación medieval como referentes xeográficos, o cun nome actual claramente prelatino, ou cunha distribución de topónimos idénticos na súa contorna (o caso de Berisamo > Serra do Suído)

Deixo a Limia asolagada...  A distribución de castros e toponimia local suxire que non era habitable.

Algún río, coma o Barcés, presenta un nome mixto, prelatino + desinencia latina. É imposíbel saber cal era o seu nome prelatino; a documentación medieval, Marazes en 1194, Manizes (por *Marizés) en 978 permiten reconstruír, agardo que atinadamente, un *Marazense/*Marizense...

Hai hidrónimos que coido que só poden ser, en orixe, celtas, por distribución ou por motivos internos, evolutivos: Tambre < Tamar (nome idéntico ao río Tamar entre Devon e Cornualles, tamén chamado Tambre ocasionalmente!), Dubra, Deva... 

O río Traba debe derivar do indoeuropeo *Drawa-, hidrónimo moi frecuente en toda Europa. A nosa língua, coma o latín, non coñece ou non gusta do grupo *dr- inicial, que converte sempre en tr- (cfr. Troitomil e demais topónimos derivados de nomes xermánicos co primeiro elemento *druhti-).

Deixei Arousa como Arauza... Non teño clara a súa anterior historia: *arautia or *araukia?

É sorprendente que o nome antigo do Río Rato de Lugo sexa *Musia (do PIE *múh₂s- 'rato').  

Seguirei...

Comentarios

  1. Moi interesante! xa nos deixarás ir vendo os detalles

    ResponderEliminar
  2. Bom dia! Estou a escrever sobre o nome de família GONTIJO e gostava de trocar informações Como hipótese interpretativa do significado do nome Gontijo a partir da palavra aportuguesada “Gonte”, com o significado de concessão e o sufixo “-ijo” – diminutivo, com o significado de pequena. Temos que as pequenas concessões de terras – com o mesmo entendimento de Título de Mercês, ou misericórdia, ou ainda de graça, no sentido de ser gratuito e uma dádiva – passaram a ser reconhecidas como Gontijo.

    As grafias de Gontijo e Montijo são usuais. A grafia Gontixio, como provável vernáculo, decorre de fato próprio à transformação das palavras do espanhol para o Galego onde, Javier no Espanhol transforma-se em Xavier do Galego; e Gontijo, por não ser uma palavra com registros nos dicionários portugueses, na forma vulgar, passa a ser Gontixio.
    WhatsApp +351 915880219

    ResponderEliminar
  3. A palavra de grafia alemã Gönnte é uma conjugação do verbo gönnen, (NETZVERB DICIONÁRIO, 20—b), cuja pronúncia em alemão é “guente” e que dentre outros significados, o mais apropriado, é o de conceder. No caso, a concessão refere-se às terras próximas ao Mosteiro onde estava localizada a Ordem Religiosa, a qual pertencia São Martinho de Dume. Com o aportuguesamento da palavra, passa a Gonte.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixe o seu comentario:

O máis visto no último mes