13 de abril de 2012

Ditosos os perseguidos...


"Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus discípulos, e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:
-Ditosos os que teñen espírito de pobres, 
porque deles é o Reino dos Ceos.
Ditosos os que choran,
porque eles serán consolados.
Ditosos os non violentos,
porque eles herdarán a terra.
Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,
porque eles ficarán fartos.
Ditosos os misericordiosos,
porque eles acadarán a misericordia.
Ditosos os de corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
Ditosos os que traballan pola paz
porque eles serán chamados fillos de Deus.
Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,
porque deles é o Reino dos Ceos.
Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa: alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós."


"Evanxeo segundo San Mateo", 5; na moi fermosa traduçom galega da Bíblia desde as línguas originárias que foi Prémio Nacional de Traducción  de 1990, e na que o teólogo galego (de Aghinho) Andrés Torres Queiruga tivo um importante papel. Andrés Torres Queiruga foi recentemente "notificado" pola Comisión Epicopal para la doctrina de la Fe (sucessora espiritual da Santa Inquisiçom) para a modificaçom do seu pensamento.

Consequentemente, exige-se-lhe que seja "lámpada debaixo da artesa", e cale, ou outorgue. Tempos ruins, concho, nos que imos ter que trabalhar arreo para nom recuarmos.

- Andrés Torres Queiruga na Wikipédia.
- Notícia em El País.
- Entrevista em GaliciaHoxe.com.
- Comunicado da RAG, da que é académico.