Ditosos os perseguidos...


"Vendo Xesús a multitude, subiu ó monte e sentou. Achegáronselle os seus discípulos, e el, tomando a palabra, ensinábaos dicindo:
-Ditosos os que teñen espírito de pobres, 
porque deles é o Reino dos Ceos.
Ditosos os que choran,
porque eles serán consolados.
Ditosos os non violentos,
porque eles herdarán a terra.
Ditosos os famentos e sedentos de xustiza,
porque eles ficarán fartos.
Ditosos os misericordiosos,
porque eles acadarán a misericordia.
Ditosos os de corazón limpo,
porque eles verán a Deus.
Ditosos os que traballan pola paz
porque eles serán chamados fillos de Deus.
Ditosos os perseguidos por causa da xustiza,
porque deles é o Reino dos Ceos.
Ditosos vós cando vos aldraxen, persigan e calumnien de calquera xeito pola miña causa: alegrádevos e reloucade, porque grande será a vosa recompensa nos Ceos; do mesmo xeito perseguiron ós profetas anteriores a vós."


"Evanxeo segundo San Mateo", 5; na moi fermosa traduçom galega da Bíblia desde as línguas originárias que foi Prémio Nacional de Traducción  de 1990, e na que o teólogo galego (de Aghinho) Andrés Torres Queiruga tivo um importante papel. Andrés Torres Queiruga foi recentemente "notificado" pola Comisión Epicopal para la doctrina de la Fe (sucessora espiritual da Santa Inquisiçom) para a modificaçom do seu pensamento.

Consequentemente, exige-se-lhe que seja "lámpada debaixo da artesa", e cale, ou outorgue. Tempos ruins, concho, nos que imos ter que trabalhar arreo para nom recuarmos.

- Andrés Torres Queiruga na Wikipédia.
- Notícia em El País.
- Entrevista em GaliciaHoxe.com.
- Comunicado da RAG, da que é académico.

Comentarios

  1. Tes moita razón: non hai que recuar! Somos moitos os que estamos con Torres Queiruga. Pero tamén sabíamos que a súa persecución resultaría inevitable: hai cousas que nunca cambian, de non ser para peor. Lembro agora a Unamuno, outro gran proscrito, cando escribía: “aunque sepa yo que acaso un día los galeotes han de apedrearme, no por eso cejo en mi empeño de combatir contra el poderío de los cuadrilleros de la actual Santa Hermandad de mi España”, “son los mártires los que hacen la fe más bien que la fe a los mártires”.

    ResponderEliminar
  2. Moi boa a primeira das citas de Unamuno :-) Unha apertiña, meu.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Deixe o seu comentario:

O máis visto no último mes