San Xaquinciño, a dorna e a escá.
A ilha chegou a ter quinhentos habitantes. Hoje, Ons e os seus 6 km2 é parte integral do Parque Nacional das ilhas Atlánticas, que inclue as Cies e máis Sálvora. Cima temos a igreja paroquial, adicada a Santo Joaquim:
"SANTO
San Xaquinciño da illa
Dainos un ventiño en popa
Pra chegar o a noso porto
que temos a vela rota
Esta illiña gallega
Defensa da nosa ria
É devota a San Xaquin
O pai da
VIRXEN MARIA"

“coronas vitreas, candelabrum, lucernam, aquamaniles urceum et concum,
signum, scala argentea” (Samos, 902)
“scala argentea de sex solidos cum nostro nomine" (Santiago, 904)
“manteles et sauanos siue scalas argenteas Iias” (Celanova, 925)
E já nos documentos em galego-português, como medida de volume:
“hûa escáá de manteyga et dous queygios” (Ourense, 1286)
Em Quintela de Leirado (Ourense), umha escá vale o que médio ferrado, uns 8 quilogramas (Elixio Rivas, Frampas III).
Mais nom deixo soa a dorna, que se acha amplamente espalhada por toda a Galiza e o norte de Portugal na forma de toponímia:
A Dorna (3 hab.- Ortigueira, A Crunha)
A Dorna (10 hab.- As Nogais, Lugo)
As Dornas (10 hab.- Lugo, Lugo)
Dorna (57 hab.- Rianjo, A Crunha)
Dorna (71 hab.- Cotobade, Pontevedra)
Dorna (Santa Maria) (frg. 47 hab.- Cervantes, Lugo)
Dornas (64 hab.- Bergondo, A Coruña)
Dornas (2 hab.- Ourol, Lugo)
Dorneda (San Martinho) (frg. 3475 hab.- Oleiros, A Crunha)
Dornela (3 hab.- Carballiño, O, Ourense)
Dornelas (52 hab.- Gomesende, Ourense)
Dornelas (4 hab.- A Peroxa, Ourense)
Dornelas (69 hab.- Silheda, Pontevedra)
Dornelas (San Martinho) (frg. 175 hab.- Silheda, Pontevedra)
Dornelas (Santa Maria) (frg. 634 hab.- Mos, Pontevedra)
O Dorno (14 hab.- Gomesende, Ourense)
Dorna (Chaves, VR)
Dorna (Melgaço, VC)
Dornas (Amares, BR)
Dornas (Celorico de Basto, BR)
Dornas (Lamego, VI)
Dornas (Marco de Canaveses, PO)
Dornas (Póvoa de Lanhoso, BR)
Dornas (Tondela, VI)
Dornelas (Amares, BR)
Dornelas (Boticas, VR)
Dornelas (Sever do Vouga, AV)
Dornelas (Vila Real, VR)
Dornelas (Viseu, VI)
Dornelas do Zêzere (Pampilhosa, CO)
Visualizar o mapa ampliado
E ali estivem e me prestou! Hai moito, moito que dizer de Ons, mais fica isso para outro dia.
Concho, pois moi agradecido polo comentario (É terrible, sou absolutamente susceptible as boas verbas :-) E home, de cando en ves tamén hai que ir por Chile, hehe.
ResponderEliminarpois o dito, preguntareiche cando me cadre unha dúbida, que será pronto. ando cunha viaxe pendente en coche, cun roteiro que descoñezo bastante. a ver se traballo nel e cho paso, por ver qué recomendas. saraj.
ResponderEliminarnecessario verificar:)
ResponderEliminar